Salem - India
Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem
Necesitamos financiar parte do noso proxecto de Erradicación do Infantidicio Feminino en Salem (Sur da India) e, por iso, solicitamos a vosa axuda e colaboración. Animándovos a participar.
Dende novembro de 2007, PDI e IMPLICADAS empezaron a traballar no Programa de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem. Tras os bos resultados desa primeira intervención, que rematou de forma definitiva en 2017, ambas organizacións decidiron seleccionar catro bloques novos para unha segunda fase. Foi así que se identificaron catro bloques cunha ratio de sexos especialmente baixa, nos que se empezou a traballar no Programa de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem II a partir do ano 2018 ata finais de 2023.
As dúas organizacións, grazas ao traballo incesante das traballadoras de base, foron capaces de erradicar a práctica do infanticidio e tamén en grande medida a do feticidio, mais o obxectivo final do programa é crear unha sociedade libre de violencia de xénero atacando as súas bases. O programa busca protexer as nenas, empoderar as mulleres e crear unha sociedade libre de violencia de xénero.
A principios de 2024 realizouse unha avaliación deste traballo para planificar correctamente a fase III do programa, que se levará a cabo nos seguintes bloques: Mahudanchavadi, Nangavalli, Ayodhyapattinam e Gangavalli.
Desta volta focalizarase de xeito específico no feticidio (os abortos selectivos dos fetos femininos), ao constatarse que neste momento é a práctica que substituíu ao infanticidio de forma xeneralizada no distrito de Salem.
O foco principal do Programa de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem que Implicadas e PDI desenvolven dende fai anos no distrito de Salem, en Támil Nadu, consiste en provocar unha transformación social que vaia ás raíces da violencia contra as nenas e mulleres en xeral e ás do infanticidio feminino en particular. Para iso desenvólvense diversas actividades de empoderamento das mulleres.
As actividades que se realizarán durante esta fase III son as seguintes:
- Formación orientativa sobre xénero e desenvolvemento
- Presentación ante líderes locais, GAM, escolas de preescolar e representantes electas/os
- Compilación da lista de mulleres embarazadas
- Comunicación interpersoal con mulleres embarazadas e mais en situación de risco
- Servizos de asesoramento para mulleres antes e despois do parto
- Diálogos familiares coas familias
- Seguimento das nenas
- Capacidades para a vida par a mocidade
- Formación de clubs de xénero
- Sensibilización de xénero para as mulleres dos GAM e para homes
- Teatro de rúa

A túa achega económica contribuirá a financiar parte do noso programa de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem (Sur da India), que neste ano 2024 ten un orzamento de 13.000 euros en total.
O recadado irá destinado a unha actividade en concreto, o teatro de rúa, que è parte fundamental do proceso de cambio de mentalidade necesario para erradicar o infanticidio e feticidio feminino.
O teatro de rúa é unha forma non convencional de teatro que se usa para difundir mensaxes a un público xeral. O programa formou un grupo de teatro de mulleres voluntarias con obras orixinais desenvolvidas por profesionais do teatro. Trátase en concreto de dúas obras de trinta minutos, unha delas centrada nos abortos selectivos (por ser o feto feminino) e outra na importancia da alfabetización das nenas. As obras permiten achegarlle mensaxes á poboación das aldeas dunha maneira comprensible.
Este ano está previsto facer unha formación de reforzo e continuar con esta actividade. Os fondos son precisos para financiar os desprazamentos e axudas de custo das voluntarias e para difundir as obras.
Implicadas é unha organización galega de cooperación feminista interseccional que leva traballando dende o ano 1998 no Sur da India, principalmente, e en Etiopía.
Con máis dun cuarto de século de vida contamos cunha gran experiencia acumulada que nos permite resistir e manter o compromiso adquirido coas nosas compañeiras do Sur.
En Implicadas gustamos moito de tecer redes, tanto no noso país como naqueles, nomeadamente Támil Nadu e Etiopía, onde apoiamos os procesos das organizacións feministas.
A nosa andaina comezou e mantense en Támil Nadu coa organización local PDI (People’s Development Initiatives). O noso traballo nesta rexión atende ás intereseccións entre situación socioeconómica, casta e discriminación de xénero.
Dende o ano 2003 Implicadas colaborou con diferentes organizacións etíopes, sobre todo na introdución da metodoloxía GAM. Dende o traballo nos suburbios de Addis Abeba con OPRIFS ao excelente traballo realizado en Mersa, na rexión montañosa de North Wollo, con WSA, Implicadas apoiou diversas organizacións no seu avance cara a un traballo cun enfoque de xénero claro e partindo das prioridades das propias mulleres nos seus territorios.
A partir de 2017, Implicadas e a organización galega Menoria apoiaron o traballo de COSAP, un consorcio de apoio aos GAM de toda Etiopía. Dese traballo conxunto derivouse un fortalecemento das federacións de GAM en diversas rexións do país.
Por desgraza, a inestabilidade política, a guerra civil e a dificultade de atopar organizacións cunha filosofía coincidente obrigou a pechar o traballo en Etiopía no ano 2022.
Para máis información:
https://www.facebook.com/implicadas/
https://www.instagram.com/implicadasongd/
Oraindik ez dago eguneraketarik. Sustatzaileak kanpaina nola doan kontatzen duenean, hemen agertuko dira.
60 pertsonak egin dute dohaintza
93 ekarpen
- Anonimoa 10 €
- Anonimoa 5 €
- Anonimoa 5 €
- Anonimoa 5 €
- Anonimoa 5 €
- Anonimoa 10 €
- Anonimoa 10 €
- Anonimoa 20 €
- Anonimoa 5 €
- Anonimoa 25 €
Batu Implicadas babesten dutenei
Ekarpen bakoitzak balio du, eta dirua nola erabiltzen den beti ikus dezakezu.
Nola kentzen den zure dohaintza zergetan
- Pertsona fisikoak (PFEZ): urtean ematen dituzun lehen 250 euroen % 80 kentzen duzu. Gainerakoaren % 40, edo % 45 aurreko bi urteetan erakunde berari zenbateko berdina edo handiagoa eman badiozu. Muga: zerga-oinarri likidagarriaren % 10.
- Enpresak (Sozietateen gaineko Zerga): % 40, edo % 50 aurreko bi urteetan erakunde berari eman badiozu. Muga: zerga-oinarriaren % 15; soberakina hurrengo 10 urteetan aplikatzen da.
- Zer behar duzu: dohaintza egitean ziurtagiria eskatu eta zure NANa edo IFZ eman. Horrela, dohaintza errentaren zirriborroan agertuko da.
- Autonomia-erkidego batzuek beren kenkariak gehitzen dituzte.
49/2002 Legearen araubide orokorra, 2024tik indarrean. Informazio orientagarria; ez da zerga-aholkularitza.